14 de decembro - INFODAY: oportunidades de financiamento para comunidades enerxéticas locais

Data: 

mércores, 14 Decembro, 2022 - 10:00 a 13:00

 

O Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para a execución dos fondos Next Generation EU identifica na compoñente 7 «Despregamento e integración de enerxías renovables» ás comunidades enerxéticas como un actor crave na transición enerxética. É por isto que se está dotando a estas entidades da capacidade financeira necesaria para desenvolver as actividades de construción e posta en marcha de instalacións vinculadas coa participación social no sector enerxético.

Así pois, o 19 de decembro de 2022  abrirase o prazo de presentación de solicitudes para a terceira e cuarta convocatoria de incentivos a proxectos singulares de comunidades enerxéticas dentro do Programa CE IMPLEMENTA do IDAE:

  • A terceira convocatoria destinará 10.000.000 € á promoción de proxectos tanto de produción con enerxías renovables como de eficiencia enerxética ou mobilidade sostible, podendo incorporar sistemas de xestión da demanda como, por exemplo, o almacenamento enerxético. Esta convocatoria está especialmente dirixida a proxectos de pequeno tamaño, non podendo superar o seu investimento 1 M€.  
  • Pola súa parte, a cuarta convocatoria destinará 30.000.000 € á promoción de proxectos tanto de produción con enerxías renovables como de eficiencia enerxética ou mobilidade sostible, podendo incorporar sistemas de xestión da demanda como, por exemplo, o almacenamento enerxético. Esta convocatoria está especialmente dirixida a proxectos de tamaño mediano ou grande, debendo superar o seu investimento 1 M€. 

 

== XORNADA INFORMATIVA SOBRE AS OPORTUNIDADES DE FINANCIACIÓN PARA COMUNIDADES ENERXÉTICAS LOCAIS ==

Dada a oportunidade que ofrecen as comunidades enerxéticas locais como motor sostible de desenvolvemento local en Galicia e, co fin de promover a constitución de comunidades enerxéticas no noso territorio e informar sobre as oportunidades de financiamento dispoñibles, a FEGAMP promove unha xornada informativa co obxecto de:

  •  Informar sobre que son as comunidades enerxéticas locais e os beneficios que aportan ademáis de compartir boas prácticas de casos reais de modelos de comunidades enerxéticas locales;
  • Informar aos concellos, principalmente a aqueles que sufren reto demográfico, sobre as oportunidades de financiación de proxectos enerxéticos en comunidades enerxéticas;
  • Informar e aclarar dúbidas sobre o proceso para solicitar axudas públicas para a financiación de comunidades enerxéticas

DATA: Mércores 14 de decembro de 2022

HORARIO: 10:00-13:00 horas

MODALIDADE:

  • PRESENCIAL (prazas limitadas). Sede de Fegamp. Rúa Varsovia 4C, 6ª planta. Área Central. Santiago de Compostela
  • VIDEOCONFERENCIA

enlightenedFORMULARIO DE INSCRICIÓN.

                              PROGRAMA DA XORNADA

Oportunidades de financiación para Comunidades Enerxéticas Locais

10:00-10:10 horas

 Benvida institucional

Alberto Varela. Presidente da Fegamp. 

10:10-10:45 horas

A importancia das Comunidades Enerxéticas Locais en Galicia

Santiago Rodriguez. Director da División de Enerxía do Instituto Tecnolóxico de Galicia.

10:45- 11:15 horas

Comunidades Enerxéticas: unha visión local e europea

Felix Kriedemann. Xefe de proyectos en REScoop

11:15-11:45 horas

Comunidades Enerxéticas Locais como motor sostible do desenvolvemento local

Raúl Santos. Coordinador da Plataforma Territorio Rural Inteligente. 

11:45-12:15 horas

Construíndo unha Comunidade Enerxética Local. Financiación e modelo de xestión.

Ignacio Zubia. Responsable de Desarrollo de Negocio Edinor.

12:15-13:00 horas Rolda de preguntas

 

 

Descargas: